blix



Ana Mª Fernández: Traballo de mago
Ilustracións de Xosé Cobas

Col. Camaleón. Serie Amarela, 16. Planeta&Oxford
Barcelona / San Fernando de Henares, 2006

Traballo de mago

Nun castelo abandonado vivía un mago que levaba tempo sen comer nin falar cos veciños porque un día se sentira vello. Pero todo cambiou cando unha nena o foi buscar chorando: os veciños acordaran facer unha torre para o reloxo da praza, pero para uns tiña que ser redonda e para outros cadrada. Ante tal desacordo, destruíron os muros e esmagaron a pedra, poñendoa en dous montóns para armar unha guerra a penedazos. Quería evitar o enfrontamento, polo que necesitaba a súa axuda. O mago non se podía negar. Buscou o gorro de pico (estaba onda un castiñeiro para que se acollesen os trasnos), o báculo (chantárao en terra branda), pero non lle aparecía a capa de estrelas: resultou que a levaba posta de cinto.
Chegaron á praza e xa os veciños preparados para pelexar. Como tiña fallos de memoria, non lle acordaba ningunha fórmula máxica, pero a nena deulle un caramelo e acordáronlle unhas rimas, que converteron as pedras que xa voaban entre os bandos en animais de toda clase. Entón os veciños riron e decidiron firmar as paces. E non fixeron a torre: plantaron unha árbore. Desde aquela,o mago volveu traballar para a xente: contando contos.
O traballo plástico, nada recargado, reforza a amabilidade da historia.


48 p. - 20x13 cm.                                                      ISBN     978-84-9811-071-5



Opinion