|
Roberto
Vidal Bolaño: Touporroutou da lúa e do
sol |
![]() |
Comedia nun acto subtitulada "farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa", que foi representada no ano 1982 polo grupo Antroido. Nela cóntanse as andainas dunha compañía de teatro ambulante formada por Catarina de Siena e Ramiro de Blas que van representando co seu teatriño de bonecos obras para pícaros de pobo en pobo. Chegados a un pobo deciden representar o "Touporroutou da lúa e do sol", peza metateatral pola que van sucedéndose numerosos lances de ton fantástico e simbólico con personaxes xenéricos como o Sol, a Lúa, o Rei dos demos, a Fada, Deus Pai, etc. a través dos que se explican cousas como o nacemento dos días e das noites, os diferentes disfraces do demo, asuntos de tesouros e moitas outras cousas fantásticas. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1996 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998 |