| Esteban Losada
Castro: Os titirinautas Ilustracións de Esteban Losada Edicións Biosbardos. A Coruña, 1993 |
![]() |
Peza teatral en sete actos. Os personaxes son os titirinautas, títeres do fantocheiro Rigoberto Sincopeto. Cando Sincopeto chega co seu teatriño á vila de Remos, por culpa do frío e da saraiba é imposible representar na praza pública. Entón solicítalle ó conde Pampín que lle permita facer a función no seu pazo. Pero o conde, que ten mal humor, non está interesado no teatro. Os títeres de Sincopeto rétano a unha carreira para ver quen é o primeiro que regresa dunha viaxe ás Illas Descoñecidas. Así é como os títeres se converten en titirinautas, e na súa viaxe van vivir moitas aventuras e visitar a Illa da Luz, a Illa da Alquimia e a Illa do Xeo |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1993 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33". Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996 |