blix



Gloria Sánchez: Teatro feroz
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. Árbore, 109. Serie Laranxa
Ed. Galaxia. Vigo, 1999

 Teatro feroz

Reúne tres textos dramáticos infantís:
No primeiro, A ratiña feroz, a rata presumida, co seu lazo novo no rabo, vaise ao balcón mirar mozos. Rexeita a un porco, un burro e un galo. Acepta casar co Rato Pérez, que de noite seica o que fai é "durmir e calar". Pouco lle dura o marido porque cando o Rato cociñaba o caldo caeu na pota e ela comeuno sen se decatar ata que apareceu no fondo a gravata. Era ben saboroso. A Vasoira, a Nube, o Sol, a Raíña e o Coro solidarízanse con ela.
No seguinte, Zongalo Quirico vai tinguir o pelo á perruquería do Verme pois quere poñerse guapo para ir á voda do Tío Perico. Como o Verme tamén quere ir, dille que o leva no papo. Entón cómeo. Pero mancha o pico. Entran logo, en demanda dos servicios perruqueiros de Verme, sucesivamente, Herba, Ovella, Lobo, Pao e Lume pero ao escoitalo a súa voz desde a barriga de Quirico (malia os esforzos deste para impedir que a oian) néganse, por esta orde, a limparlle o pico, a vingarse comendo a Herba ou a Ovella, a mallar no Lobo ou a queimar o Pao. Pero o bechiño sae do bandullo do galo gracias ao efecto laxante dun arroz salvador. Á fin, a voda non foi gran cousa pois o descoñecido Tío Perico resultou ser o Raposo, que meteu nunha ola a Quirico. Menos mal que deu escapado.
Na peza mínima Unha farsa bufa, preséntase a unha muller que compra nunha tenda de mozos un marido garantido: se non queda satisfeita, volvénlle os cartos. Ademais, de regalo, leva tres chourizos.

81 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-8288-306-2



Opinion