| Carlos
Labraña: O teatro dos soños Ilustracións de Lola Garcerá Col. A Biblioteca Ambulante, 3 Asociación Cultural Garola. Cedeira, 2005 |
|
Os pais lévanlle a Susa o agasallo de
aniversario: a Pirámide de Vidro, que descobre cando esperta. E logo oe
a voz da invisible Fusa, a vedraña das cancións, que pertence a
un dos pobos máis antigos do Mundo dos Soños. Cóntalle que
eran felices ata que Senmus, o señor das caixas de música,
liberou os monstros do Pozo dos Pesadelos e roubou o corazón do seu
Mundo dos Soños, a Pirámide de Vidro (en realidade, a dela
é unha imaxe da verdadeira). Para que os soños volvan ser como
antes, Susa debe pasar ao mundo da imaxinación e derrotar a Senmus antes
de que acabe a noite, pois senón non poderá regresar á
Terra. Susa deséxao intensamente e aparece nese mundo da
fantasía. |
|