| Pura e Dora
Vázquez: Teatro completo para nenos Col. Rula. Ed. Abano. Ourense, 2000 |
|
Compilación das pezas de teatro publicadas por Pura e Dora Vázquez Iglesias ao longo da súa traxectoria literaria e destinadas a un público infantil. De Pura Vázquez inclúense: "O paxaro azul" (Primeiro accésit do XII Certamen Nacional de Teatro Infantil, Madrid, 1974), "A estreliña na terra", "O anel de Pirompiña", "O trasno enredador" (Mención Honorífica no XII Certamen Nacional de Teatro Infantil, Madrid, 1975) e "O xantar". Corresponden a Dora Vázquez: "A nena que ía á busca dun corazón" (Mención Honorífica no II Concurso de Literatura Ministerio de Educación e Ciencia, Madrid, 1971), "Don Rato busca un obreiro" (Mención no Concurso de Teatro Infantil Galego Agrupación Cultural O Facho, A Coruña, 1973), "Xuício no bosque ou soñar non costa nada", "Cousas da mocedade", "O que que se vai e o que se queda" e "Malpocada, a vella". Todas elas caracterízanse pola sinxeleza estructural, que favorece que sexan levadas a escena. Os protagonistas, maioritariamente nenos e nenas, representan papeis que transmiten valores como a amizade, a colaboración e a axuda mutua, aínda que tamén aparecen personaxes típicos dos contos dirixidos a estas idades: bruxas, fadas, animais, raíñas, etc. |
|
|
Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil
2000 |