blix



Cristina Sáez Cazallas: O sorriso de Rosalía
Ilustracións de Noemí López

Col. Ler é Vivir. Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2007

O sorriso de Rosalía

Rosalía ten oito anos e o sorriso más grande do mundo: foi campiona no barrio nun concurso de sorrisos. Tamén posúe uns ollos enormes. No seu cuarto só hai un oso vello e unha boneca de trapo, á que lle fala ainda que non lle responde. O seu pai, Rodrigo, cóntalle un conto cada noite antes de durmir e por iso ela vai contenta á escola, a diferencia das amigas. A mellor de todas é Sabela, moi simpática e nada fachendosa.
Unha tarde houbo unha forte treboada e logo saíu un fermoso arco da vella. Sabela dixo que lle gustaría subir e baixar polas cores como nun tobogán. A Rosalía, botarse a rolos polas cores para que a tinguisen. Esa noite preguntoulle ao pai se sabía algunha maneira de subir ao arco da vella; el contestoulle que se deixase de fantasías. Pero o sábado alegou cansazo para non ir á casa da tía e quedar na cama ao coidado da avoa. E foi ao arco da vella.
Paseando entre as cores atopou a bruxa boa Flor, agachada das outras bruxas, que se rin dela; ao pirata Parcheado, que deixou de navegar porque se mareaba no barco; e o pallaso Tomaso, que quedou sen o aceno da risa por regalarllo a un neno triste no circo. Mais tivo que baixar sen ir á cor laranxa porque subiu á súa busca a avoa por seren horas de xantar. Por iso non puido ver a Princesa Solpor, unha princesa de conto que a veu visitar ao seu soño, sabedora de que está escribindo un conto sobre a súa viaxe. Que lles conta aos pais.
Cando o remata, a nai, sorprendida, pregúntalle que fai o guecho de pelo laranxa na súa mesiña de noite.


84 p. - 19x12 cm.                                                      ISBN    978-84-403-0517-6



Opinion