blix



Isabel Freire: Sopa de marsopa
Ilustracións de Jon Puga

Col. Merlín, 179. Edicións Xerais. Vigo, 2008


Sopa de marsopa

Roncudo Lor, o comisario xefe de policía da cidade, conta como solucionou dous sucesos misteriosos grazas á axuda de Bilbo Bons, o máis grande e descoñecido detective da historia. E aínda que semellan fantásticos, el asegura que ocorreron realmente.
Estaba a cidade consternada pola desaparición dunha simpática marsopa do zoo, cando un día chegou á comisaría Bilbo e comezou a contarlle: intrigado pola desaparición, seguiu a un home a quen atopou de casualidade no mercado intentando comprar cincocentos trinta quilos de polbo no mercado; así deu cunha fábrica de sopa, onde, con grande perigo -pois mesmo caeu nunha caldeira xigantesca na que se preparaba sopa con tropezóns e o ruxir das tripas coa fame, que non podían solucionar as rosquillas da tía que sempre o acompañan, a piques estivo de delatalo-, descubriu unhas placas que probaban o roubo de marsopas en distintos zoos do país para utilizalas como tropezóns, asegurando así o bo sabor da sopa sen gastar nada.
Outra vez, chamouno Bilbo para que fose a un descampado detrás do colexio onde había vinte buratos que botaban fume de noite e desaparecían de día. Con grave risco para as súas vidas, descubriron que o doutor Gnga pretendía, valéndose duns homes cegos que cavaban baixo terra con martelos mecánicos e á luz duns fachos, descubrir o camiño subterráneo construído polos ciclopes polo que camiñan as forzas ocultas do planeta. Entón converteríase no amo do mundo. Aínda que os envolveron nunhas redes -de onde os liberou o can amigo de Bilbo-, a donosiña de Gnga tentou acabar con eles -que libraron grazas aos pos de espirrar que levaba o enxeñoso detective- e caeron nun lago, deron saído polos túneles ao exterior. Pero, eso si, o comisario non puido prender ao maligno Gnga. Aínda que -tamén é certo!- descubriu o camiño dos ciclopes. Por máis incrible que poida parecer...

120 p. - 19x14 cm.                                                   ISBN    978-84-9782-726-3

 recensións 
 .  Isabel Freire crea o personaxe de Bilbo Bons - Galicia Hoxe

 materiais 
 .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais



Opinion