blix

autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



An Alfaya: Soños de Carme
Ilustracións de Kiko da Silva

Col. Elefante Contacontos, 12
Ed. Ir Indo. Vigo, 2000

Soņos de Carme

Carme é unha nena de oito anos á que lle cambiou o mundo desde que naceu Pepe, un irmán que xa fixo sete meses. Todos están pendentes del. Regaloulle a tía Marta un caderno para que escriba o seu diario e nel deixa pasear a imaxinación, conta o seu mundo de preguntas, de porqués que non sempre atopan resposta adecuada nos adultos.
Pablo é o seu mellor amigo e compañeiro de clase. A súa mai, tendeira co home na emigración, deixa a Carme despachar no negocio. Con el vai onda o vello Tomé, que lles conta vellas historias e explica cousas curiosas da natureza. Pablo é o capitán dunha banda que aproveita as clases de matemáticas dos venres para repostar auga nos baños e no recreo competir coa do Chuvias (ruín, que tira as cousas do estoxo a Carme) a ver quén mexa máis lonxe. Pero un día tanto bebeu que inchou e quedou deitado no chan, todo branco. A profe explica na aula a existencia de células malignas no corpo e a leucemia: Pablo ten cancro no sangue e por iso non vén ás clases. Trátano con quimioterapia, cáelle o pelo e volve, pero non está ben. Nunha excursión á praia un corvo mariño morto fai que Carme reflexione sobre o ceo e o inferno. Sobre a morte.
No verán, de vacacións e festas, os vermes de seda medraron e botaron a voar, como bolboretas vivas do soprador de vidro. Cilistro, mariñeiro sen pernas, conta que lle morreu a moza, Aurora, como a aurora boreal. Na volta ás clases, Pablo xa non volverá pois complicáraselle a enfermidade coa varíola. Os compañeiros escríbenlle unha carta. Tamén Carme. Que medrou. Acariñada pola nai, que lle canta unha anaina escrita polo pai cando ela naceu, cáenlle, a modiño, unhas bágoas.

136 p. - 20x12 cm.                                                          ISBN    84-7680-324-9



Opinion