blix



Vicente Piñeiro González: Sonetos á xeometría
Ilustracións de Mª Luisa Iglesias Fauce

Col. O Labreguiño. Ed. Chaira. Lugo, 1999

Sonetos á xeometría

Trátase dunha publicación concibida como un proxecto didáctico. Precede aos textos unha breve biografía do autor e unha introducción de Xavier Rodríguez Barrio, na que se explica que o libro xurdiu como unha proposta de animación á poesía e coa intención de demostrar que a xeometría se pode aprender "de forma pracenteira e divertida". Co libro entrégase un caderno de exercicios no que se ofrecen varias propostas de traballo sobre os textos e coas que se pretende relacionar o mundo da poesía co da xeometría.
Os vinte sonetos, acompañados de nove ilustracións que representan figuras xeométricas como círculos, liñas ou triángulos, serven de apoio para achegar os lectores ao mundo da xeometría, que constitúe a fonte de inspiración do creador.

69 p. - 17x20 cm.                                                          ISBN    84-89961-06-9



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López
Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001



Opinion