 |
Recollendo os publicados
nun libro precedente, Lueiro de papel, a lúa
protagoniza a tensión lírica dos textos deste poemario, que
inclúe a maiores un feixe de poemas nos que, mesmo, se convoca ao lector
a participar dunha maneira activa. A lúa pasa moi amodo e pon todo
branco, mesmo as dores florecen e branquexan. Os seus cabelos son canos: por
eles baixa a neve ano tras ano. Mercou un vestido fermoso e baila toda
contenta, pois está namorada. É unha lúa solidaria que
bica o neno saharauí que chora porque non a pode ver. Porque é
Dona Lúa, que sorrí e baila, soña e voa. E, ás
veces, mesmo se sente poeta. Da mesma maneira preténdese que lectores
e lectoras se convirtan en poetas da lúa con propostas concretas de
actividades de ilustración, continuación, escrita dos versos
pares, do remate de versos ou comezo dun poema. Para que cada un
constrúa novos lueiros de papel. A concepción gráfica,
cos poemas integrados na ilustración a dobre páxina,
contribúe a unha máis eficaz lectura poética.
|