blix



Calo Iglesias: Setemorros e outros contos
Ilustracións de Pepe Carreiro

Ed. Toxosoutos. Noia, 1997

Setemorros e outros contos

O volume está organizado en oito apartados, nos que se distribúen os contos de Calo Iglesias, e un noveno "E agora... NOS OBRADOIROS" onde se recolle unha escolma de contos, obriñas de teatro e historias varias nacidas nos talleres de formación con mestres e alumnado.
Nas primeiras sete seccións os relatos do autor están repartidos atendendo á temática -"De aventuras polas Galaxias", "Historias de animais (con razón ou sen ela)", "De dragóns e encantamentos", "Onde falan terras e ceos", "Contos para non crer (¡a imaxinación ao poder!)", "Aquí en Galicia" e "Recordos e saudades"- mentres que a oitava, titulada "Cóntame ti..." consiste en propostas e suxestións dirixidas aos lectores para crear historias baseadas nas técnicas de Rodari.
Coinciden os relatos no seu carácter fantástico e na temática pacifista e ecolóxica. Hai tamén algunha peza teatral neste primeiro libro de literatura infantil do autor, coñecido pola súa pertenza ao Seminario Galego de Educación para a Paz.

186 p. - 24x14 cm.                                                          ISBN    84-89129-40-1



{short description of image}

A nosa literatura infantil e xuvenil 1997
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 17. 1998



Opinion