| Pepe Carreiro:
Sarmiento Deseño gráfico e ilustracións de Pepe Carreiro Col. Protagonistas da Historia, 3. Ed. A Nosa Terra. Vigo, 2000 |
|
Bautizado cos nomes de Pedro e Xosé, que el
cambiaría por Martín ao ingresar na orde dos benedictinos, naceu
Sarmiento en Vilafranca do Bierzo en 1695, onde residía temporalmente a
familia por circunstancias do traballo paterno. Aos catro meses
trasládanse a Pontevedra, onde se desenvolve a infancia e adolescencia
de quen, con quince anos, colma a súa vocación relixiosa
ingresando no mosteiro de San Martín, en Madrid. Nel vivirá a
maior parte da súa vida. As inquedanzas de ilustrado e a fe
constitúense desde xeito nas súas coordenadas vitais. |
|