blix



Paula Carballeira: Robin e a boa xente
Ilustracións de Fran Jaraba

Col. Tucán, 2. Serie Verde
Edebé-Rodeira. Barcelona, 1994

Robin e a boa xenta

Un narrador protagonista en primeira persoa fainos partícipes da historia de Robin, un trasno frautista, e a súa compañeira de viaxe, a nena Pés Descalzos, que é quen de entrar no País Máxico gracias á axuda de Robin. De feito, os seres humanos só poden acceder a este espacio fantástico en sete momentos determinados, xeralmente esquecidos polas persoas.
Xa no País Máxico, Pés Descalzos e Robin teñen que superar unha restra de adversidades derivadas, fundamentalmente, das condicións e circunstancias que atopan neste mundo poboado por criaturas míticas e irreais. Pero Pés Descalzos ten unha boa razón para querer chegar ó seu destino: quere atopar a súa nai, que desapareceu montada nun fermoso cabalo branco mentres lle dicía adeus.

138 p. - 17x12 cm.                                                          ISBN    84-8116-306-6



A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



Opinion