| Fina
Casalderrey, Rosa Mª García Vilariño e Xaquín Agulla
Pizcueta: Retrincos de historias Ilustracións de Penélope Ares Col. Lagarto Pintado. Dirección Xeral de Cultura Consellería de Cultura e Xuventude. Xunta de Galicia. Santiago, 1993 |
|
Fina Casalderrey conta en Cando a terra perdeu
a memoria como naceron os gnomos, segundo leu o seu avó nun libro
antigo. Hai moitos anos a terra esqueceu xirar sobre si mesma de tal xeito que
nunha metade sempre era día e na outra non se volveu ver o sol. Este
cambio fixo mudar os costumes, o hábitat e mesmo o físico da
xente. Só cando Breogán lles propuxo aos habitantes das
dúas partes do planeta que se movesen ao unísono o vinteún
de marzo, conseguiron que volvese xirar. Así as xentes recuperaron a
súa forma física anterior, agás os gnomos. (Unha nova
versión deste texto publicouse co título de Cando a Terra esqueceu xirar). |
|