blix



Marilar Aleixandre: O rescate de peneireiro
Ilustracións de Fran Jaraba

Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1990

O rescate do peneireiro

Nas festas de Olveira, Sabela gaña o concurso de videoxogos derrotando ao terrible Tiri. Por outro lado, Nito é o mellor na cazata de ratas. Desde entón pilla e vende unhas cincocentas diarias, que provocan un medre desmesurado nas fábricas de hamburguesas locais; pero os empresarios e o alcalde impiden que o periódico local publique a reportaxe sobre o tema dunha xove xornalista.
No castro, logo de saltar Sabela a fogueira na noite de San Xoán, unha vella meiga anuncioulle que se lle vai cumprir o desexo que formulara, por coincidir en lúa chea. Unha semana despois, seu irmán Adrián, en nome dun grupo de ornitólogos, proponlle pescudar por qué estan desaparecendo os poucos "Elanio azul" ou "peneireiros cincentos" que quedan. Pero non ela soa: con Nito. Deste xeito, en compañía do cazador de ratas, desprázase ata o norte de Portugal, reserva duns poucos exemplares desa especie protexida de aves. Na casa pensan que foron de acampada.
A súa aventura, co aliciente do coñecemento de fermosos espacios naturais e outras culturas, continúa en Irlanda, onde se comerciara cun peneireiro, segundo acordo do Gran Consello internacional de ornitólogos. Alá van Nito e Sabela, en avión e con pasaportes falsos .
Conseguen localizar o norteamericano que o vendera, Mr. Foster, pero este encérraos na súa casa, da que logran escapar e foxen de polizóns nun tren, gracias á cociñeira, que resultou ser de Cangas. Ela dálles a pista que os fai volver á ría de Vigo, onde no "The Africa Queen" descobren que o que pasan por galiñas birmanas son en realidade peneireiros. Son a tapadeira para o tráfico de diamantes de Mr. Foster, que ademais lles ten teima aos ornitólogos e así mata dous paxaros dun tiro; o seguinte obxectivo ían ser os ovos de voitre branco dos Pirineos. Detido pola policía, teñen dereito a cobrar o rescate ofrecido pola súa captura.
O desexo de Sabela no San Xoán fora ir a Brasil. Xa poden facer unha viaxe ao Amazonas. Pero desta vez terá que lle contar a verdade a súa mai.

102 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-7507-471-5



Opinion