blix

autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



Sabela Álvarez Núñez: O rei de nada e outros contos
Ilustracións de Dánae Barral

Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1988

O rei de nada

"O rei de nada": nunha vila sen luz nin auga, o alcalde gastou os cartos dos veciños en facer un castelo. Cansos del, marcharon todos. Nin os paxaros nin o can nin o seu loro lle facían caso. Era o rei de nada. Puxo logo nas casas luz e auga, abrindo as billas ata que todo se inundou, e morreu afogado. E os vileses tornaron ás casas, felices, sen alcalde.
"Rocha e sol": Rocha vivía nun país no que todo o ano era verán. Co seu pai, trasladouse a outro no que aínda era inverno e sentiu moito frío. Á noite, deu durmido coa historia de Caramela, a nena que se volveu de caramelo. Ao que acordou, Rocha retornou ao seu país. Quitando a roupa de abrigo polo camiño, chegou onda a mai espida e contenta.
"Ela era unha princesiña" que se rebelou contra o seu destino e quixo ser astrónoma. Pero cando tiña idade de casar para seleccionar o pretendente presentou unha adiviña, que só acertou un home velliño. Pola lúa, soubo que en realidade era o demo. Ao descubrilo, liscou e ela nunca casou.
"A cova da serpe": un mouro converteu a Rosamoura nunha serpe. Levouna canda el e as terras da aldea tornáronse amarelas e ermas. Outra nena, Mariña, atopou no monte a semente dunha flor que o mouro lle roubara a unha meiga. Con ela fixo que Rosamoura recuperase o seu ser e a terra volveu verdegar e dar froitos.
"Anoema", que non podía xogar no xardín porque chovía, quedouse durmida e soñou que se metían nas súas caixas de xoguetes a anémona, a pelota, a guitarra e unha araña. Cando acordou, os xoguetes estaban cada un no seu sitio e as caixas furadas.
"A bruxa da Maruxa": no país das bruxas, o megáfono, que dirixía o colexio, botou un día a Antela, a mestra especialista en técnicas de estudio sen libros de texto. Maruxa conseguiu en Bruxailandia un xabrón que borrou as follas de todos os textos, polo que houbo que repoñer a Antela, para alegría de todos os alumnos.

80 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-7507-346-8



Opinion