blix



Eliseo Alonso: Reiciñeira
Ilustracións de X. Vilasantar

Col. Narrativa pra nenos. Ediciós do Castro
Sada - A Coruña, 1981

Reiciņeira

Informa a filla do autor nunha nota previa que cando tiña oito anos e estaba na cama doente, o seu pai inventou estes contos para entretela.
En "O pomar de Amorín" rebélanse todos os animais contra o dono, que non deixa que a nena do caseiro, Reiciñeira, entre nel por medo a que lle coma a froita. Sen eles, os froitos non madurecían. Cando se descubriu que era o papafigos o ladrón, levantou a prohición e os animais celebrárono cunha festa.
"Conto de arrolar": cóntalles o pai aos fillos de cando un día trouxo unha denosiña para a casa, á que logo seguiron outras que se converteron en diferentes animais, mesmo nun león cando un policía americano veu investigar por qué lle aparecera tanta facenda na casa.
En "Rosiña, miña gamela" un neno soña que sae ao mar de pesca, gobernando a barca coa colaboración do tío Andrés, vello mariño que chegou a facer unha fogueira enriba dunha balea que parecía estar morta.
"Tulitates" é un poldro descendente do cabalo Boligán que escapou do curro para ver mundo. Traste e inxenuo, métese en problemas nese mundo de cousas descoñecidas onde os nenos son amigos, tamén no seu final, cando o seu pelello serve para facer un cabaliño máis de carrusel.
"Reiciñeira e sete": Reiciñeira é unha picariña que deu en ter unha febre para a que os médicos non teñen explicación, polo que os seus sete bonecos saen traballar á busca de cartos para axudala.
"Compadre Paco" é o corvo dun abade que un día bébelle o viño en compañía dunha pega e logo arrepentido emigra con gaiola e todo para Suíza.
"Contiño de Nadal" presenta un Nacemento no que todos os animais colaboran volvéndose bos e solidarios animados por unha nena pastora.
"O Palleiriño" é un can ao que un coche lle rompeu unha perna e, desprezado polo amo, coa axuda dos animais amigos, vai ao ceo dos cans.

88 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-7492-068-X



Opinion