blix



Fina Casalderrey: Recursos teatrais para a expresión dramática na escola (7 pezas para representar)
Col. Materiais. Edicións Xerais. Vigo, 1996

Recursos teatrais...

Na introducción deste volume, a autora xustifica a necesidade da expresión dramática nas escolas como elemento básico dunha educación integral e globalizadora. Marca unha serie de obxectivos básicos que se deben perseguir coa posta en marcha da representación das obras que recolle. Sinala tamén unha serie de suxestións para o vestiario e os decorados.
As obras curtas que recolle o libro son:
"Os antollos de Margarida" desenvolve a historia dunha margarida que se nega a dar o seu pole á abella. Pide axuda ao vento, ao sol, á nube, á saraiba, ao caravel, ao tulipán, á rosa, etc.
"Mamá cabra e os cabuxiños" é unha peza inspirada no conto clásico "O lobo e os sete cabritiños".
"Ir á escola non amola" é unha peza na que se contan as estratexias que Ana ten que realizar para que a nai a deixe ir á escola. Marcha da casa, enferma e o doutor diagnostícalle "febreis escolaris", para que a nai a deixe ir á escola.
"Esta si que che é desgracia" é unha peza inspirada nunha idea que Castelao estampou en "Cousas". Desenvólvese nunha aldea onde todos se laian pola morte dunha vaca, mentres que nunha sala de luxo unha señorita de cidade laméntase porque morreu a súa cadeliña.
"Das palabras e dos soños todos somos donos". Comedia baseada nos desexos que teñen Paquita, Rosiña, Rubén, Pepe e Xela e que se verán realizados por medio dun Meigo.
"A visita do inspector" desenvólvese nunha aula dun colexio onde a mestra e os seus alumnos preparan as preguntas e respostas diante da visita do inspector.
"A consulta do doutor". Céntrase esta peza na historia do Doutor Jeep ou Todoterreo, como o alcuman cariñosamente os veciños, que ten unha consulta na que realiza funcións de dentista, oculista, xinecólogo, calista, psicólogo e veterinario.

72p. - 24x14 cm.                                                          ISBN    84-8302-020-3



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion