blix



Manuel Uhía: O rato que lle puxo o cascabel ó gato
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. Altamar, 30. Serie Contos. Ed. Bruño. A Coruña, 1998

O rato que lle puxo...

Libro de pequeno formato que se basea na narración visual a través de grandes ilustracións e moi pouco texto, no que se relatan as aventuras dunha comunidade de ratos que se ve ameazada pola chegada dun gato. Despois de moitas discusións e de celebrar unha asemblea xeral, deciden que a mellor solución é colocarlle un cascabel ó gato para saber, en todo momento, ónde se atopa. Ratomús ofrécese voluntario para realizar esa tarefa e, de paso, conquistar a Rataflor coa súa valentía. Para rematar, inclúese un obradoiro de lectura da man de Ana Mª Fernández.

60 p. - 19x12 cm.                                            ISBN    84-216-3418-6



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion