blix



Gloria Sánchez: A raíña de Turnedó
Ilustracións de Pablo Otero "Peixe"

Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1996

A raíña de Turnedó

O dragón Venancio Feroz, gran comellón, pégase unha enchenta indixesta porque ata para el é moito papar un paraugas, unha casa, un tren (de asar castañas) ademais do rei, o lacaio arrefriado e mesmo o coche da raíña de Turnedó. Hai que operalo para sacarlle toda esa inmensidade do bandullo. Afortunadamente, pódese reciclar: será a partir de agora un "dragón flotador".
Todo empeza no xardín con princesa da raíña de Turnedó. Cunha técnica de versos acumulativos, desenvólvese esta historia (c)oral na que os lectores pasan a ser un público participativo. Eles tamén forman parte da actuación e deben responder ao narrador e as ilustracións con sons onomatopeicos ou berrando e aplaudindo, ata o orellar final (¡Flop-flop!)

64 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-8302-052-1



Opinion