blix



María Alcañiz Lorenzo: A profesora Ripaldi
Ilustracións de María Alcañiz Lorenzo

Col. Merlín, 194. Edicións Xerais. Vigo, 2009


A profesora Ripaldi

Conta o narrador que a profesora Sarita Palodi, unha científica de recoñecido prestixio mundial, autora de inventos como a tinta ortográfica, que automaticamente fai que un escriba sen faltas de ortografía, desapareceu un día misteriosamente en medio dunha explosión. O narrador soñou con ela cada noite durante un mes e, como é ilustrador, foi debuxando os seus soños no bloc de debuxo. Segundo eles, chegou ao pequeno planeta Robois, onde por primeira vez está un terrícola, sen lembrar nada do seu pasado; cando xa se adaptara a aquela vida, foi condenada ao desterro pola estratosfera espacial por non ver vir un obxecto que caeu no peiteado da princesa de Incógnito, que resultou ser o bloc ilustrado. Grazas a el, os soños, nun curioso efecto imán, conducírona á casa do narrador. É o poder que teñen, ás veces, os soños.

80 p. - 19x14 cm.                                                 ISBN    978-84-9914-008-7



Opinion