blix



Gloria Sánchez / Miguel Vázquez Freire:
A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 2000
Primeiro premio Concurso de obras teatrais inéditas "Camiño de Santiago" (Modalidade "Teatro de monicreques")

A princesiņa Socorro...

Corbillón, demo e conselleiro real, pretende á Princesa, que está namorada do Trobeiro (o amo do can Xián, que fala francés). Para afastalos, convence ao Rei de que mande ao namorado ir a Compostela de peregrino... e xa el se encargará de que non chegue. Enteirada, a Princesa decide ir tamén.
Comeza entón a grande aventura do Camiño de Santiago na que se van cruzar moitos outros: un Cabaleiro que avanza do revés no seu falador cabalo; o bandido Milhomes, que demanda a colaboración dos espectadores para os seus asaltos; Chispa e Tontorontrono, que andan na procura de Lóstrego para un trebón-concerto, e Estrela, que baixou un momento ver como era o mundo e non sabe como volver para a casa, ata que a leva a mai, Vía Láctea, que lle marcará desde o ceo a ruta ao namorado.
Gracias a Tontorontrono, que convoca a Lóstrego (quen persegue a Corbillón para se pousar no seu casco de ferro estilo viquingo con protección para os cornos), e o Cabaleiro revirado, que leva a Princesa e a súa ama no cabalo, non triunfan os malvados. Nin sequera o Lobo famento que pretende comer o Trobeiro, pero ante a intervención de San Francisco de Asís renuncia.
Aínda que Milhomes non queda nada contento co papel que tivo que representar por culpa do Autor...

104 p. - 19x14 cm.                                                      ISBN    84-8302-454-3



.  
MATERIAIS

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais




Opinion