blix



Xoán Babarro González: A princesa do cabaliño café
Ilustracións de Mª Fe Quesada

Col. Ala Delta, 37. Serie Azul
Ed. Edelvives. Zaragoza, 1994

A princesa do cabaliņķ café

Novela de aventuras de carácter fantástico na que se poñen en contacto dous mundos completamente distintos e distanciados no tempo: o País dos Romances e o País dos Coches con Tubos de Escape Verdes.
Para o seu aniversario, a princesa Bratarina pide un violín dos Rollin-Troques e tódolos habitantes do reino saen a percorrer mundo na procura dalgún obxecto que poida satisface-lo desexo da princesa.
Pasado o tempo, e despois dunha busca infructuosa, Vilardemín, un dos súbditos do País dos Romances, regresa para contemplar como unha serie de obxectos procedentes do mundo moderno devolveron a normalidade ó reino. Os reis e a princesa, que pasaron todo ese tempo convertidos en esquíos no xardín, tamén recuperan a súa condición normal e a vida continúa para tódolos habitantes do país.

112 p. - 18x13 cm.                                                          ISBN    84-263-2976-4



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



Opinion