blix



Xoán Babarro/Ana Mª Fernández: Primeiro libro con Malola
Ilustracións de Xosé M. Xiráldez

Col. O Barco de Vapor, 5 / Serie Laranxa, 2
Ediciones S.M. Madrid, 1985
Premio O Barco de Vapor 1985

Primeiro libro con Malola

Mingos, rapaz de 9 anos, e Manel, de 10, son dous amigos que viven unhas vacacións de verán diferentes desde que un día na praia coñecen a Malola, mestra xubilada capaz de facer voar un papaventos e dona dun curioso coche de cor vainilla e chocolate.
Convidados á súa casa branca e azul, entran nun espacio insólito onde non falta a torta de morogos, unha escaleira enorme cun varal para baixar por el a toda mecha, un faiado con telescopio e tres arcas misteriosas -unha delas, a dos desexos, aínda está baleira-. Presencian ademais unha función de monicreques sobre o xigante Bebelón, que só sacia a súa sede de auga salgada da ría cando lle dan refresco de cola.
Un día, curioseando na enorme biblioteca, descobren un libro coas páxinas en branco: entre todos escriben nel unha historia sobre a aldea na que a mestra, cuestionada pola xente e o inspector por mor dos seus métodos pedagóxicos nada ortodoxos, acaba sendo refrendada polo propio rei, que se coara de incógnito entre os veciños.

112 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-1761-6



Opinion