| Xelís de
Toro: A porta dourada Ilustracións de Xulia Barros Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 34. Serie A máquina de escribir Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1998 |
|
Historia contada en primeira persoa por Tina, quen evoca dende o
hospital unha aventura chea de humor. Os relatos de seu pai, escritor, espertan
nela a curiosidade e así mesmo amósase intrigada pola escaseza de
pesca no río. Por iso decide indagar na busca das causas polas que os
peixes desaparecen. Cando xa se atopa na beira do río esvara e a
caída condúcea ao mundo dos peixes, onde coñece aos que
ata ese momento non eran máis que personaxes das historias contadas por
seu pai. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1998 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000 |