blix



Varios: Poesía na escola. Poesía de nenos para nenos 1998
Asociación de Amigos da Poesía Baixo Miño
Tui, 1989

Poesía na escola

Recolle as corenta e catro composicións premiadas no certame que convocou a Asociación de Amigos da Poesía Baixo Miño en decembro de 1998. Na presentación que abre o volume, asinada por Emilia Rosende, a presidenta da asociación que convocou o premio, sinálase que a participación foi dun total de 228 alumnos e alumnas de entre nove e catorce anos, pertencentes a once colexios da bisbarra do Baixo Miño.
A seguir recóllense os poemas, que teñen como causa inspiradora o tema do Nadal. Neles aparecen os motivos habituais desta época do ano como a chegada de Papá Noel, as panxoliñas, a ilusión dos regalos dos Reis Magos, sen esquecer o recordo daqueles nenos que non teñen familia, nin amigos, nin fogar para vivir estas festas.

86 p. - 20 cm.                                                                                          



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2001



Opinion