blix



Bernardino Graña: Planeta de ratos tolos
Ilustracións de Inmaculada León

Col. O Barco de Vapor, Serie Laranxa, 11
Ediciones S.M. Madrid, 1990

Planeta de ratos tolos

Cando o Rei Carolo casou as súas dúas fillas, pediulles aos xenros, un labrego e un mariñeiro, que contasen historias ata o mencer. O labrego comeza a súa historia interminable do ratiño despistado que se cambiou para un hórreo no que xa había uns escaravellos, que empezou a enumerar segundo as cores e cansou ao rei, que decidiu que ían durmir.
Contan logo en días sucesivos os dous cadansúa versión sobre a orixe das pelexas no mundo. Segundo o conto do Galo Quirico, comezou cando este comeu un vermiño dourado, contra o acordado por todos os animais. De acordo coa historia do Lobo Grisallo e o Cervo Melado, un malentendido entres estes por mor da caza foi o motivo.
Cóntase logo que o rei Xovinián Primeiro atopouse un día cun impostor que ocupaba o seu trono, aprendendo así a lección das limitacións do seu poder: en realidade, é un home máis.
E finalmente o labrego remata a historia varias veces interrompida pola súa extensión do rato parviño que contando formigas deu a solución para curar o mal do rato enfermo.
Porque, xa o dixo o poeta, somos como ratiños no noso mínimo planeta dentro do universo.

112 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-3273-9



Opinion