blix



Manolo Uhía: ¡Piratas na buguina!
Ilustracións de Manolo Uhía

Col. A montaña encantada. Serie Verde
Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2000

¡Piratas na buguina!

A Pablo, que vive na cidade, gústalle moito o mar, polo que as vacacións na praia son para el o mellor agasallo do verán. Ademais, o último día atopa unha fermosa cuncha de tritón. De volta na casa, ao se deitar, pon a buguina na orella e descobre que é máxica: escoita o son das ondas, voces de mariñeiros ou comunicacións entre golfiños.
Unha noite, escoitou un náufrago pedindo axuda; gracias ao seu aviso foi rescatado con vida. Outra noite que oíu falar o capitán pirata Barbamesta no seu galeón rumbo á illa dos tesouros, a voz da raíña das sereas contoulle que a buguina tiña o poder máxico de trasladalo de lugar. Se sopraba polo lado estreito, podería entrar polo oco grande da cuncha. Así fixo e apareceu na illa dos tesouros. Fuxindo dos piratas, refuxiouse nunha cova e agachouse nun cofre, onde o descubriron. Librou de que o botasen ás quenllas asombrando aos corsarios ao beber media botella de ron, que antes el enchera de auga. Esta "fazaña" valeulle para que o admitisen na tripulación do máis terrible pirata dos sete mares. Mesmo lle evitou a morte ao prisioneiro capitán Flint co mesmo truco. Entrando de novo na buguina tornou á casa. Ao acordar, había un sabre corsario na súa habitación...
Agora, cando sente nostalxia da aventura, pon a cuncha na orella para oír a voz do terrible Barbamesta.

58 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-403-0402-1



Opinion