| Colegio
Nacional de Foz: Os pícaros escritores Ilustracións de alumnos do colexio Ediciones Celta. Lugo, 1980 |
|
Un grupo de rapaces de 8º de E.X.B. do
colexio de Foz contan a aventura da que están máis orgullosos.
Cando foron á biblioteca para facer un traballo sobre o Quixote que
querían presentar a un concurso, atopáronse con que era un
espacio frío e desolado onde os libros, cheos de po, estaban mortos
porque ninguén os ía ler. Decidiron entón facer eles un
libro vivo. Foron xuntando poemas e historias que deron conseguido animando aos
compañeiros do colexio. Con eles, editaron o "Picaraxadas", que todos
querían ler e logo imprimiron. Pero prohibíronlle que fose para a
biblioteca.Tiña que andar sempre pola rúa. |
|