|
| Xosé
Mª Álvarez Cáccamo: Pedro e as
nubes Ilustracións de Julia Barros Col. O Barco de Vapor, Serie Azul, 12 Ediciones S.M. Madrid, 1996 |
![]() |
Pedro, un
"nubeiro", é o protagonista deste conto dirixido a un lectorado que
acaba de iniciarse na lectura. Este neno ten a capacidade de crear nubes
ó seu antollo, coas bágoas e o cuspe. No transcurso da obra,
Pedro coñecerá a outros nenos e nenas nubeiros coma el,
aínda que con diferentes procedementos de crea-las nubes: Anastasia
fainas con esconxuros, Roque consegue que medren coa súa especial
receita dentro dun bocoi, Ceboleiro constrúeas coas bágoas que
verte ó picar cebolas, e así moitos máis rapaces, cada un
ó seu xeito. Pedro descobre cómo voar por medio das nubes e atopa
entre elas outros personaxes curiosos cos que se relaciona por medio da
súa imaxinación. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1996 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998 |