blix



Gloria Sánchez: Pé mais eu
Ilustracións de Pablo Prestifilippo

Col. Tucán, 3. Serie Verde
Edebé-Rodeira. Barcelona, 1994

Pé mais eu

Nesta obra de título enigmático, relátanse en primeira persoa as aventuras e desventuras que vive co seu pé enxesado, ó que lle pintou os ollos e unha boca e co que fala; fala tamén cos electrodomésticos da casa, que a abandonarán para marcharen de vacacións; coa lúa, á que intentará reter nun baúl para sempre; cun rato que vive na súa cociña e cun amigo inventor que perdeu a memoria.
Ó final do relato, a protagonista deixa a súa casa, que se atopa ateigada de neveiras e ratos, e marcha voando co seu pé de xeso nun cesto amarrado ó corpo do seu amigo o inventor, que se converteu en home-globo.

80 p. - 17x12 cm.                                                          ISBN    84-8116-305-8




{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



Opinion