| Xosé
Carlos Cermeño: Paula e as palabras que levou o
vento Ilustracións de Luís Seoane Editorial Ir Indo. Vigo, 1994 |
![]() |
O autor
preséntano-la particular historia dunha nena chamada Paula, que é
moi despistada, tan despistada que un día chega a perde-las palabras do
seu libro. Este feito desencadea o presente relato. A nai de Paula
rífalle por non ter máis coidado coas cousas, e a nena
lánzase á procura das palabras polos lugares máis
dispares: a casa da veciña Avelina, o parque, a praia... Por outra
banda, a nena vai visitando unha serie de personaxes que teñen en
común o feito de pertenceren á obra gráfica do artista
Luís Seoane. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1994 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou. Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996 |