| Lourdes
Maceiras: A pantasma da torre Ilustracións de Manuel Uhía Col. Merlín. Eds. Xerais Vigo, 2002 |
|
Mariña e os seus amigos vivían nunha vila que
miraba ao mar e tiña espíritos na torre da igrexa. Seica, segundo
a xente, nas noites de lúa chea os espíritos da torre
saían pasear polas rúas cubertas con sabas brancas. No colexio, o
amigo Paio propúxolle a Mariña ir con Diego e Sabela de noite ver
as pantasmas, pero ela non se atreveu. Coa chegada do verán, non quixo
seguir sendo a "medrosa" e propúxolle aos tres amigos subir á
torre na próxima lúa chea. |
|
|
||||||||||