blix



Eduardo Alonso: O país acuático
Ilustracións de Xosé Vizoso

Col. Teatro para nenos.
Ediciós do Castro. Sada - A Coruña, 2001
Mención Especial no I Premio Estornela da Fundación Xosé Neira Vilas

O país acuático

Nun escenario cheo de caldeiros, cinco pallasos, dous co atavío de pallasos listos e tres co de parvos, que se identifican como Actor 1, 2, 3, 4 e 5, saen a contar a historia do País Acuático. Nel, a auga é un ben escaso, polo que os seus habitantes -isto é: os pallasos- dedícanse a buscala. A pouca que hai pásana dos caldeiros pequenos a un balde grande, que pasa a ser do Actor 1 e 2. Entón quedan os outros tres sen ela, e terán que pagar se queren un balde de auga, que así non é de balde. Pero non teñen cartos pois non traballan. Pensan en buscar traballo na emigración, mais en canto ameazan con revoltarse acábase proclamando a gratuidade da auga para todos. Póñense de acordo entón en facer un país para todos, o País Acuático, no que non aceptan como Emperador ao Actor 1, que xa designara ao 2 Almirante dos Sete Mares, e votan para elixir o inventor das leis, que proclama o disfrute da auga para todos.
Texto dramático en clave de comedia cun humor baseado nos xogos de palabras e equívocos. O motivo da auga é utilizado como un espello que reflicte a organización da sociedade.
Foi destacada cun accésit na primeira edición do Premio Estornela, do ano 2000. Esta iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas nace co obxectivo de estimular o xogo dramático entre os rapaces, promovendo asemade a tan necesaria difusión do traballo dos dramaturgos galegos.

68 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-8485-011-0



Opinion