|
Era unha vez un pobre carboeiro que tiña dúas
fillas: a maior avergoñábase da súa pobreza e de seu pai
porque andaba sucio; á pequena non lle importaba a súa
condición e era moi aguda resolvendo enigmas. Un día, o rei,
caprichoso e amante dos enigmas, propúxolles aos súbditos un
sobre unha árbore de doce pólas. A pequena díxolle ao pai
a solución: o ano. Cando lla dixo ao rei, este arrincouse un pelo e
ordenoulle que a rapaza lle trouxese ao día seguinte unha carroza de
seda feita con el. Ela envioulle polo pai unha lasca de vasoira para que
atopase un carpinteiro que fixese con ela un tear co que tecer a camisa.
Entón o rei, admirado da súa sabedoría, mandou que fose a
palacio nin vestida nin espida, nin con regalos nin coas mans baleiras, nin a
cabalo nin a pé, polo que ela acudiu envolta nunha rede, cunha pomba na
man, a carricho da lebre. Cando lle ofreceu a pomba, que botou a voar, el
decidiu que casarían pasados doces meses. Pasado o tempo, emisarios
reais levaron unha caravana cargada de regalos, apropiándose de
algúns polo camiño. Cando chegaron á casa, ela
díxolles que o pai fora botar auga na auga e a nai ver o nunca visto.
Logo de xantar polo -do que ela se reservou o corazón-, despediu aos
emisarios co encargo de que informasen ao rei de que lle faltaban estrelas,
auga ao mar e plumas á pomba. Cando el se enteirou interpretou as
palabras da rapaza: o pai fora desviar a auga do río para mover o
muíño; a nai, asistir a unha muller no parto; no xantar, a cabeza
de polo fora para o pai por ser o cabeza de familia; para a nai, o lombo porque
leva o peso da casa; para a irmá, as alas pois un día
marchará e para eles, as patas porque chegaran andando. As palabras da
despedida viñan a dicir que eles lles arrincaran esmalte ás
xoias, colleran perfumes e quedáranse con panos de ouro e seda:
desplumaran a súa pomba... Pouco despois, casaron. Entón, o rei
ameazouna con botala do palacio se algunha vez a palabra dela quedaba por riba
da súa. Un día un forasteiro queixábase de que un ano
antes ceara seis ovos duros e viña de pagar mil reás por cada un,
pois o pousadeiro alegara ante o rei que sería o que tería
gañado se unha galiña os chocase. Aconsellado por ela,
presentouse de novo ante o rei denunciando que lle cortaran as plantas que
deran unhas fabas cocidas. Como o rei razoou que se estaban cocidas non
podían brotar plantas, el contestou que o caso dos ovos era igual.
Levantoulle o monarca a condena pero deduciu que fora a raíña a
enxeñosa conselleira, polo que a botou do palacio concedéndolle
que levase con ela o que máis amase. Botoulle un somnífero na cea
e levouno canda ela nun baúl: era o máis querido. Daquela, o rei
decatouse do seu erro e volveron a palacio. Dende entón, foi máis
humilde e non dubidou en aconsellarse coa súa
esposa. Adaptación a partir dun conto tradicional magrebí
presentada nunha edición en cartoné e ilustracións
reproducidas a cores. |