blix



Antonio García Teijeiro: Ó outro lado da esquina
Ilustracións de Mª Fe Quesada

Col. Altamar, 22. Serie Contos. Ed. Bruño. A Coruña, 1996

Ó outro lado da esquina

Volume composto por tres contos:
"O mundo de Xoana", no que se conta a historia dunha nena minusválida, que crea o seu mundo a través da imaxinación. Chega así a figurarse que ao lado da súa casa vive Xacobe, un personaxe inventado por ela, pero que se converterá en realidade cando o coñece por medio dunha das súas pombas mensaxeiras.
En "Antón e a paxariña de papel", un neno solitario ao que lle gusta pasear o seu can e falar co seu avó, atopa unha nena, Sariña, que comprende o seu afastamento.
No derradeiro dos contos, "O monicreque de Alicia", a protagonista sae da súa tristura gracias á compaña de Serafín, un monicreque que lle regala o seu amigo Alexandre.
Os tres protagonistas caracterízanse por vivir en soidade e por aprender o valor da amizade a través das experiencias que se desenvolven en cada unha das narracións.
Acompañan ao volume unha serie de preguntas didácticas sobre o contido dos contos, elaboradas por Xavier Frías para o traballo do público lector.

92 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-216-2890-9




A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion