blix



Cecilia Monllor: A orquestra da fin do mundo
Ilustracións de Pedro Sardiña

Col. Sete Mares, 1. Editorial Galaxia
Vigo, 1999

A orquestra da fin do mundo

Aurelio, o cativo protagonista e narrador desta novela, foxe da casa acompañado do seu amigo Filloa para visitar a Casa das Ciencias da Coruña. Os dous nenos conseguen evitar a vixilancia e permanecer pola noite neste museo.
É precisamente de noite cando entran en contacto cun mundo de fantasía no que coñecen a Julius Vonezsiansky, un curioso personaxe que sobreviviu ao naufraxio dun barco que levaba os músicos dunha orquestra entre os seus pasaxeiros. Da man deste violinista vivirán numerosas aventuras e introduciranse no mundo da música, da astronomía, da alquimia e dos fenómenos paranormais. Tamén coñecen nesa noite as orixes dun misterioso ovo e dunha mensaxe relacionada con el que dicía "Ex omnia ovo".

148 p. - 12x17 cm.                                                          ISBN    84-8288-282-1



Opinion