| Pura / Dora
Vázquez: Oriolos neneiros. Poesía infantil
galega Ilustracións de Luis Cid Fernández Editorial La Región. Ourense, 1975 |
![]() |
Libro que inclúe poemas das dúas
irmás autoras, diferenciados en dúas partes. Na primeira,
recóllense os poemas de Pura Vázquez. Neles, preséntanse
con verso áxil e rítmico o mundo da natureza próxima
(habitada por animais familiares como os vagalumes, as vacas, as formigas, os
grilos, os lobos...) ademais da relevancia simbólica da lúa e as
estrelas; o Neno Xesús reaparece con tenrura e adoración en
poemas de Nadal ou panxoliñas; o anano e personaxes dos contos
clásicos habitan en versos amables; e o momento do sono, que ás
veces se resiste, convive coa tranquila escuridade, compañeira dos
soños e do descanso do neno, nunha visión maternal inzada de doce
lirismo. |
|