| Antonio
García Teijeiro: O que ven os ollos dos
nenos Ilustracións de Fino Lorenzo Col. A letra durminte. Eds. Xerais. Vigo, 2000 |
![]() |
O muro, que ás veces é muralla e
outras ventá, convértese en espacio lírico, no que un neno
e unha nena len os versos que outros deixaron escritos. Tamén eles poden
escribir alí os versos dos seus poetas, porque é o territorio
comunal máis que das lamentacións, da rebeldía no seu
estado máis puro. Hai, así, nestes poemas en prosa diálogo
intertextual en homenaxe a autores queridos do autor como Alberti, Lorca ou
Celso Emilio e fermosas cancións de esperanza ou instantáneas de
desconcerto do mundo adulto na súa inxustiza nada inocente. |
|