blix



Ánxela Gracián: Nun lugar chamado Labirinto
Ilustracións de Ramón Trigo

Col. Ala delta. Serie Azul, 13
Luis Vives / Tambre. Vigo, 2005
White Ravens 2006

Frangulla

Marú ten sete anos e medio. Vive nunha casa no medio dun lago cos seus amigos o can Pachín, o gato Larpeiro, a vaca Rosalía, a rula Manola e o cuco Ramón. Ademais, ten a Axóuxere, un antigo espantallo convertido á vida da maxia ao coñecela, que só ante ela se materializa nun corpo. Vivían felices, ata aquel vintetrés de decembro. Pola noite, Axóuxere levou a Marú á outra beira do lago e conseguiu que a lúa lle pousase unha estrela de sete bicos na fronte. Con ela conseguirá todo o que se propoña tendo fe en si mesma e nos seus soños. Á mañá seguinte, unha muller estarrecedora con gadaña levou ao mago. Pero antes de marchar el deixoulle unha pulseira de prata con forma de lagarto: levándoa, poderá viaxar a Labirinto.
A casa quedou triste e Marú non pode durmir. Ata que unha noite a súa estrela da fronte ilumina a pulseira e cobra vida o lagarto Arnal, disposto a concederlle tres desexos: revélalle que os que non están connosco habitan en Labirinto; que para chegar alí debe atopar a Espiral dos Catro Círculos, que son catro probas case imposibles de superar; e ademais, acepta acompañala na súa viaxe. Tamén vai con eles Pachín.
Con grande dificultade chegan á Montaña Sagrada e atopan a pedra coa espiral, da que conseguen descifrar a mensaxe escrita no alfabeto da lúa. E acertan a adiviña do primeiro círculo: dos acivros ou rascacús. Libran dos diminutos trasnos tocacús do segundo. O terceiro é o dos lucecús ou almas en pena, que pretenden queimalos na fogueira. E á porta de Labirinto está Mourán cos seus vinte mil corvos. Mais permítelle o paso a Labirinto por adiviñar a palabra correcta: memoria. Alí, no muíño do tempo viaxa ao pasado e ao futuro ata atopar a Axóuxere. Tráeno de volta ao lago, mais volve buscalo a señora da gadaña. Pero xa non lle importa: pode estar con el cando queira dicindo a palabra memoria e entrando no Labirinto
Entón Martiño, que aparece como interlocutor da historia ao final de cada capítulo, puido durmir. Por primeira vez desde que lle faltou seu pai.

101 p. - 20x13 cm.                                                          ISBN    84-88681-38-0



Opinion