|
| Agustín
Fernández Paz: A noite dos animais Ilustracións de Enjamio Col. Árbore, 138. Ed. Galaxia. Vigo, 2005 |
![]() |
Esta é unha noite especial para Raquel:
aos seus sete anos, ten que quedar soa na casa porque seus pais van ao teatro,
xa que a súa mai vai debutar como actriz afeccionada. Mais desta vez a
tía Sara non poderá acompañala, como fai sempre que a
precisa. Logo de caear lambetadas, Raquel non sabe en qué enredar, ata
que bate cun fermoso caderno de debuxo que lle trouxera a tía dunha das
súas viaxes, un "fantastic book" chinés. E comeza a debuxar nel:
un caracol e unha bolboreta... que cobran vida fóra do caderno ata que
se esvaecen cando o pecha. O mesmo ocorre coa galiña Tragatodo, os
peixes dun acuario... Aínda que ao debuxar a Simba, o Rei León do
cine case se bota a ela... Sen embargo o can de Tintín, Milú,
pásao moi ben xogando con ela. |
|
| Recensións |
| |
| Traducións |
| La noche de los
animales Il. Alberto Pieruz Soto - Trad. María Isabel Soto López Col. Calcetín, 43. Algar Editorial. Alzira , 2009 72 p. - 21x13 cm / ISBN: 978-84-9845-096-5 |
|
| La nit dels
animals Il. Alberto Pieruz - Trad. Josep Franco Alzira Col. El Micalet Galàctic, 139. Ed. Bromera. Alzira, 2008 160 p. - 21x13 cm / ISBN: 978-84-9824-338-3 |