blix



Xosé Antonio Perozo: Noite de Reis en Kalpankalá
Ilustracións de Maife Quesada

Montaña Encantada. Serie Verde
Ed. Everest Galicia. León, 2006

Noite de Reis en Kalpankalį

No derradeiro ano do século, ocorreron dúas cousas extraordinarias na cidade de Viladeteixo: o Papá Noel retrasouse por culpa dun grande atasco nas montañas, chegando a véspera de Reis, e tanto a el como aos Reis Magos de Oriente roubáronlles os xoguetes que viñan repartir.
A principal sospeitosa era Rosana Patacatola, unha anciá que seica xa pasou dos cen anos, tan marchosa que mesmo pon medallóns hippies ou tinxe o pelo de azul ou verde. Contan que vive do aire e que é contrabandista de paxaros, porque os recolle da cidade e libéraos da contaminación levándoos ao campo, e de animais de compañía en cativerio. Pasa o día regalando ovos polos barrios pobres da cidade. Un destes anos deulle por frecuentar o barrio de Kalpankalá, o máis miserento de Viladeteixo, que ten chabolas en vez de casas e as rúas sen luz. Aprendeu a ler aos nenos do barrio cambiándolles caramelos por letras. Pero presentóuselle un problema: os rapaces pediron xoguetes por Reis. Entón ela, con dous amigos, argallou un misterioso plan de recollida de xoguetes sen estrear.
O caso é que, ao rematar a cabalgata, os Reis Magos de Oriente déronse conta de que lles roubaran todos os xoguetes. Foron denunciar o caso a comisaría. O policía pensou que puidera ser Rosana Patacatola. Mais quen a había atopar en Viladeteixo, que ten varios millóns de habitantes...?
Esa noite, ela e mais os dous amigos repartiron xoguetes entre os nenos que nunca tiveran xoguetes. Aínda que o problema foi que cando se lles acabaron as pilas non tiveron cartos para comprar máis. Como se pode apreciar nas abundantes e cálidas ilustracións que iluminan o texto.

60 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    978-84-403-0529-9



Opinion