| Xoán
Neira: No cubil da Lúa Ilustracións de Juan Darién Col. Xiz de Cor, 20. Ed. Baía. A Coruña, 2009 |
|
Colección de poemas en verso de arte menor rimados nos
que os animais próximos son presentados dende as características
que a sabedoría popular recoñece, establecendo con eles unha
relación de simpatía que os humaniza. Así, o grilo
débese ceibar porque canta cortexando; a toupiña cega, condenada
a vivir baixo terra, ben merece unhas gafas de sol para que vexa o día;
a serpe, grimosa e limpa, danza de pé ao son da frauta; a lebre, que
dorme, libra do cazador; a tartaruga é tranquila e coqueta; a donicela,
fermosa e deostada, pode non ser tan velenosa como di a xente; o esquío,
rápido e silandeiro, que salta como un trapecista, soña entre o
son do arpado arume; o ourizo cacho é unha bóliña con
pugas que sanea o xardín; a lontra da pel prezada fixo un tobogán
para xogar na beira do río; o xabaril, porco que quixo ser libre e
ás veces estraga as leiras, dá nome a un divertido programa
televisivo infantil; o oso está choroso pois quedou soíño,
sen ver unha osiña nin poder dar palabra con ninguén; o lobo
solitario que pon medo, oulea na noite coa; o raposo de tantosnomes pode non
ser tan renarte como a xente conta; finalmente, o cervo, memoria eterna,
é unha tenra figura que dorme no cubil da lúa. |
|