blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Agustín Fernández Paz: No corazón do bosque
Ilustracións de Miguelanxo Prado

Col. Sopa de libros, 13. Ed. Anaya. Madrid, 2001

No corazón do bosque

Raquel, unha rapaza de nove anos, foi un día coa súa clase de excursión á marabillosa fraga do Eume. De volta na casa descubriu con abraio que se coara na súa mochila un home vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, dos que habitan na fraga desde os tempos nos que os animais falaban, que non quería pasar o inverno só, pois foran desaparecendo todos os trasnos. Só precisa conversa e ben pouca comida. Raquel acéptao como o seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das "barbies".
Como a rapaza ten que ir á escola, Derdrín pasa moitas horas só na casa. Vai coñecendo os seus habitantes: Lois, o irmán pequeno, quen, logo de que lle tome o leite que ía para o seu biberón, intenta pillalo gateando; a gata Mouriña perségueo tratando de cazalo... Pero os pais (el, no paro e amo de casa) non se chegan a enteirar da súa presencia, pois ante eles permanece estático como se fose un boneco vestido co mono espacial da barbie, vendo a televisión ou disfrazado de Papá Noel na cea de Nadal (cando, por certo, a gata consegue apreixalo entre os seus dentes, de onde o rescata Raquel).
Como bo trasno, Derdrín ten poderes extraordinarios: arranxa o cuarto de Raquel movendo os obxectos co pensamento; estraga a sopa de verduras que a ela non lle gusta; libra da gata desprendendo un insoportable cheiro a cebola... E supera a grande proba de ir ao colexio con Raquel. Deféndea do mal compañeiro Carlos, que se burla dela e lle dá patadas nas pernas, mordéndoo. Aínda que cando a profesora o senta na mesa, como un boneco articulado, case se descobre ao esbirrar... Tamén alí fai das súas trasnadas: cómelle un sandwich á profesora, móvelles as cousas aos alumnos e fai que o pegamento inmobilice o brazo de Carlos. Gracia a el, Raquel senta con Xavier, que se converte no seu grande amigo. Xa non é a rapaza tímida e sen amigos.
Pero cando Derdrín descobre a Gwanlai, a trasniña desaparecida había un ano, nun centro comercial, quere volver á fraga na primavera, para atoparse con ela. Alí o deixa Raquel con tristeza. Derdrín converte unha margarida nun fermoso anel, que lle regala como recordo. Aínda que non se volvan ver, sempre conservarán a súa amizade.

144 p. - 20x13 cm.                                                       ISBN    84-667-0507-4



.  
TRADUCIÓNS

Castelán En el corazón del bosque
Il. Miguelanxo Prado - Trad. Rafael Chacón
Col. Sopa de libros, 48. Ed. Anaya. Madrid, 2001
144 p. - 20x13 cm / ISBN: 84-207-1282-5
Catalán En el cor del bosc
Il. Miguelanxo Prado - Trad. Pau Joan Hernàndez
Col. Sopa de llibres, 43. Ed. Barcanova. Barcelona, 2001
144 p. - 20x13 cm / ISBN: 84-489-0970-4
Euskera Basoaren bihotzean
Il. Miguelanxo Prado - Trad. Mikel Garmendia
Col. Liburu zopa, 13. Ed. Anaya Haritza. Bilbo, 2001
144 p. - 20x13 cm / ISBN: 84-667-0508-2



Recensiónslinha

.     .  Peonza - Peonza

Materiaislinha

.     .  Proxectos de Animación á Lectura - Xerais (.pdf)
    .  Proyecto Lectura - Anaya(.pdf)



Opinion