| Imelda Barrio:
Nera, a ferreira Ilustracións de Andrés Meixide Col. Contos da igualdade, 5. A Coruña, 2009 |
|
Hai moito tempo,
nun afastado reino naceu Nera, a filla do ferreiro, nunha noite especial que
hai cada cen anos: as constelacións están aliñadas e
reúnese o Consello de Fadas para conceder un desexo a quen naza nela.
Deliberaron sobre que desexo lle concederían, repasando os anteriores
que tiñan concedido (unha voz doce, que se namorase dun príncipe,
etc.). Pero as mulleres aos que llelos concederan non foran cumprindo eses
desexos tan banais. Entón pensaron noutros: que puidese estudar, que
chegase a vivir da ferrería e a ser xefa da forxa, que non vivise
obsesionada pola súa imaxe, que fose libre para rexeitar o
príncipe valente... Pero como había que elixir un só,
acordaron concederlle que cando chegase á maioría de idade
decidise ela se quería ser un home ou non, pois só sendo home
podería cumprir todos aqueles desexos. |
|