| Xavier
López Rodríguez: O neno que matou a
Deus Ilustracións de Enrique Bonet Col. Tucán, 19. Serie Verde Edebé-Rodeira. Barcelona, 1998 |
![]() |
Pedro Pérez, o protagonista e narrador desta historia, era coñecido como "Matadeus" desde o día no que o santo patrón caeu ao chan cando se lle disparou a súa arma de xoguete no interior da igrexa. Todo foi un equívoco mais a xente bautizouno con ese sobrenome ao pensar que o santo se sacrificara para salvar a Deus dos disparos. Intenta desfacerse do seu alcume de diferentes maneiras, realizando boas accións, nomeándose a si mesmo doutro xeito, intercambiando o seu nome con outros compañeiros, xa que o nome non lle permite ser feliz nin labrarse un bo futuro. Só o interese que suscita a súa relación con Nuria, unha moza á que salva de se afogar na piscina, será capaz de lograr que os seus compañeiros esquezan o seu sobrenome; mais os seus temores volven cando esta rapaza o chama "Matadeus" por primeira vez. Paralelamente conta algunhas das anécdotas e problemas vividos cos seus amigos, Xacinto Quintana, Xoán Suárez e Fideo; compara o seu problema co que vive o seu avó e toma conciencia dos problemas que causan as barreiras arquitectónicas aos rapaces que andan nunha cadeira de rodas cando coñece a Xacinto Quintana. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1998 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000 |