 |
No
relato que dá título ao libro entre o narrador e os oíntes
crean o conto dunha nena de auga e bágoas de lume que coñece no
río un príncipe de lume con bágoas de auga.
Namóranse e marchan xuntos para formar unha nube branca de
verán. Alexandre descobre que o "Mando a distancia" do novo
televisor "manda" nas persoas. Utilízao no colexio para poñer en
pausa ao compañeiro abusón ou apurar as clases coa marcha
rápida. Antes de devolvelo, dálle máis cor e brillo
á cidade e a xente vólvese máis alegre.
"Mouriño", nacido da voda entre unha fada boa e un trasno, é un
verme feo que vive no castiñeiro. Semanas despois, entre o asombro do
souto, convértese nunha fermosísima fada boa. A maior
ilusión dun neno era que lle regalasen un cabalo, pero seus pais non lla
podían cumprir. Debuxou un nunha caixa, recortouno e "O cabalo de
cartón" deu en galopar ata unha terra onde todo era de papel.
Tamén unha vaca e os lobos que a querían comer. Salvouna
botándolles auga. Xildo facía bonecos recortando follas do
periódico. Un día recortou "O boneco con cara de neno negro",
dándolle forma a un retrato do xornal. Levouno para o seu cuarto, onde
se fan amigos e conversan a soas. |