blix



Xoán Babarro González: Nena de flan
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. Infantil-Xuvenil. Serie Morada
Alfaguara / Obradoiro. Vigo, 2000

Nena de flan

Contén vintesete textos nos que se fai coincidir o comezo da primeira palabra de cada título cunha das letras do alfabeto. Son contos e dicires recollidos da memoria do avó da narradora, unha nena chamada Leticia, e anécdotas da súa vila protagonizadas polos seus habitantes e por animais humanizados. Neles trátanse temas da vida cotiá como a xenofobia, a violencia na escola, a falsa defensa do ecoloxismo, as consecuencias do alcohol e das drogas, os efectos daniños dos videoxogos ou a superación de complexos. Tamén se narran historias fantásticas como a transformación dun príncipe indio nunha águia, a descrición dunha casa encantada ou a maneira na que se salva "Finisterrae Extrema" de quedar sen música. Nos textos poéticos aparecen cantigas de xogo (de cóxegas, das agachadas, das pillas) centradas nos nomes dos dedos, números, movementos dos animais ou nos costumes de nenos doutras rexións.

107 p. - 20x12 cm.                                                          ISBN    84-8224-329-2



linha

Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil 2000
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Col. Guías culturais, 26. Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Dirección Xeral de Promoción Cultural. Santiago de Compostela, 2002



Opinion