| Miro Villar:
O Nariz de Fiz Ilustracións de Lola Lorente Deputación Provincial de Ourense. Ourense, 2008 V Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez" |
|
Na
aldea de Santa Uxía, aló no alto da montaña e na casa
máis afastada, naceu un rapaciño pequeno e bonito, fillo dos
labregos máis pobres, Hadrián e Mercedes, que acordaron chamarlle
Fiz. Toda a aldea o celebrou pois só había sete cativos e nos
dous últimos anos non nacera ningún. Cando tiña dous anos,
a nai deuse conta de que ao lonxe non vía ben, polo que o pai levouno ao
oculista á vila, a Vilancosta, que lle diagnosticou miopía. Foron
logo á cidade, a Pontelonga, para comprar os lentes, nunha viaxe de
máis de dúas horas no autobús chea de sobresaltos.
Aproveitando a viaxe, o pai levou a Fiz ao circo, onde se asombrou coa
equilibrista rusa, os pallasos, as feras... até que notou un cheiro a
fume. Avisou ao pai e este deu a voz de alarma: ardeu a carpa pero todos
saíron ilesos grazas ao nariz de Fiz, que mesmo apareceu no xornal como
un heroe. |
|